facebook   tuiter   academia util   slideshare
galego
escola conselleria de educacion
inicio escola acceso ESTUDOS prácticas erasmus profesión Actividades e Servizos blog

v

 

 

 

 

Proba de acceso

A proba de acceso está regulada (orde do 21 de novembro de 2016 (DOG 1/decembro/16)) e inclúe os seguintes exercicios:
- Exercicio 1: madureza e formación (exemplo)
 

Consistirá na análise dun texto relacionado cos bens culturais, nun tempo máximo de noventa minutos, e terá como obxecto apreciar a madureza e formación xeral do/a alumno/a, especialmente no referente á comprensión de conceptos, utilización da linguaxe e capacidade de síntese e relación.

- Exercicio 2: aptitude plástica, que inclúe as seguintes probas (exemplo)
  a) Realización dun debuxo do natural, de enfoque mimético e con modelo real, exento e inanimado. Valorarase a fidelidade na representación, a calidade do grafismo e a precisión e acabamento do traballo.
  b) Realización dun traballo sobre representación da cor. Considerarase a correcta utilización das técnicas empregadas e o grao de comprensión dos valores e calidades da cor.
  c) Realización dun traballo práctico para a valoración das aptitudes específicas que requiren os estudos de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Considerarase a habilidade manual, a meticulosidade e a pulcritude na realización do traballo.
r/Xeneral Martitegui s/n, 36002 Pontevedra - 986 861 251; Fax: 986 861 272; escola.conservacion.galicia@edu.xunta.es