a escola superior de conservación e restauración de bens culturais de galicia é un centro oficial dependente da consellería de educación da xunta de galicia
imparte o único título oficial de grao en conservación e restauración de bens culturais na comunidade autónoma de galicia
o perfil do graduado en conservación e restauración de bens culturais é o de “técnico cualificado para analizar e diagnosticar o estado de conservación de bens culturais, definir, planificar e levar a cabo estratexias, plans e tratamentos de conservación-restauración e redactar e dirixir proxectos de conservación-restauración” (real decreto 635/2010 de 14 de maio)
a escola pretende non só impartir unha ensinanza de calidade, senón abrir ó alumnado as portas do mercado profesional, mediante prácticas de traballo ó longo do mundo
a institución persegue converterse nun referente para a disciplina da conservación, tanto a nivel docente como investigador |